Marcus Zuerius van Boxhorn
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de agosto de 1612 Bergen op Zoom, Países Baixos |
Morte | 3 de outubro de 1653 (41 anos) Leiden, Países Baixos |
Educación | Universidade de Leiden |
Actividade | |
Ocupación | lingüista, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Leiden, Dutch ordinary professor (en) . Q65588662 (1648–1653) Universidade de Leiden, Dutch ordinary professor (en) . Q65588662 (1640–) Universidade de Leiden, Dutch extraordinary professor (en) . Q65588662 (1633–) Universidade de Leiden, lecturer (en) . Q65588662 (1632–1633) Universidade de Leiden |
Profesores | Daniel Heinsius |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, |
Marcus Zuerius van Boxhorn, nado en Bergen op Zoom o 28 de agosto de 1612 e finado o 3 de outubro de 1653 en Leiden, foi un erudito neerlandés. Profesor en Leiden, descubriu a similitude entre linguas indoeuropeas, que supuxo que proviñan dunha lingua primitiva que denominou 'escítica' (Scytisch en neerlandés).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Malia que as linguas que orixinariamente emparentou non foron máis que o neerlandés, o grego, o latín, o persa e o alemán, posteriormente, e tras a realización de moitas táboas comparativas de palabras, rematou por lles engadir tamén linguas eslavas, célticas e bálticas. Porén, non incluíu o hebreo, cousa que mostra a bondade da hipótese.
Orixe da hipótese escítica
[editar | editar a fonte]Desde os anos 1630 Boxhorn interésase nas relacións existentes entre as linguas indoeuropeas. Tras a descuberta de similitudes entre persa e neerlandés, descuberta popularizada por Juste Lipse en 1602, a universidade de Leiden convertérase nun centro importante de reflexión sobre os parentescos e as orixes das linguas. Boxhorn publica así unha longa carta erudita titulada Des mots perses enregistrées par Quinte Curce et de leur parenté avec des termes germaniques[1]. Foi o descubrimento en 1645, en Domburg no litoral de Zelandia, de estelas romanas provenientes do santuario de Nehalennia, deusa celto-xermánica, o que parece que desencadeou a hipótese de Boxhorn. Intentou interpretar este nome por medio dunha raíz común a varias linguas europeas e de aí tirou a hipótese dunha orixe común, hipótese que explicou nunha disertación en flamengo en 1647[2]. Unha investigación deste tipo inscribíase na busca dunha lingua nai para a humanidade , busca marcada polo mito da Torre de Babel. Pero a idea dun xénese das linguas a partir do hebreo, corrente ata o Renacemento, entrara en crise e apareceron outros modelos, que ás veces mesmo poñían en cuestión a idea dunha orixe única.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Daniel Droixhe, Souvenirs de Babel. La reconstruction de l'histoire des langues de la Renaissance aux Lumières (en liña), Bruxelas, ARLLFB, p. 59
- ↑ Daniel Droixhe, "Les conceptions du changement et de la parenté des langues européennes au XVIIe et XVIIIe siècles", Ménage[1] Arquivado 07 de outubro de 2008 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía na Biblioteca dixital da literatura neerlandesa (en neerlandés)
- Explicación descuberta na Universidade de Leiden Arquivado 20 de setembro de 2005 en Wayback Machine. (en neerlandés)